14N: Xornada europea de folga xeral: nin esta España nin esta Europa de recortes nos interesa

    0
    451

    Por Pilar Fernández-Pazos

    Click here to read this article in English

    No ano 2003, durante o seu (des) goberno, Aznar decidiu nas Azores, xunto cos seus amigos Blair e Bush e Barroso, involucrar a España na grande mentira que foi a ilegal guerra de Irak. O 98% dos españois non queríamos esa guerra (nen esa, nen ninguna) e saímos á rúa a berrar o NON Á GUERRA multitudinariamente.

    Nese momento, o Ministerio de Defensa estaba presidido polo señor Trillo, hoxe embaixador español en Londres.

    Pouco antes das eleccións, unha filtración dun periodista nunha radio española, desvelou que se preparaba un cambio da lei e existía un Anteproxecto para que os civiles que nos amosaramos rebeldes e non defendéramos os intereses de España, puidésemos ser xulgados por Tribunais Militares. O resultado imprevisto das inminentes eleccións (que gañou Zapatero) puxo fin momentáneo a esa loucura.

    Hoxe, e con outro (des) goberno dirixido polos sectores mais reaccionarios e involucionistas do Partido Popular que leva un ano no poder, todos os recortes de dereitos sociais e civiles están xa en marcha.

    Recortes na universalidade da educación, na sanidade, na xustiza, nos orzamentos para os sectores pesqueiro, naval, rural, mineiro… incremento de taxas para os traballadores autónomos e pequenos empresarios que ven como os bancos lles pechan as portas do crédito porque, según nos dicen con enferma insisténcia, á culpa é dos cidadáns que vivimos durante anos por riba das nosas posibilidades.

    Hoxe os cidadáns do Estado Español, ao igual que no 2003, volvimos a sair ás rúas de forma unánime e multitudinaria. Esta é a segunda folga xeral que se lle fai a este Goberno , e no caso de Galiza, a primeira na que por fin as principais centrais sindicais do país convocaron unitariamente, logo de anos indo cada unha por libre.

    Meses levan os sindicatos e as plataformas sociais en España, (e noutros países do resto de Europa) esixindo as gobernantes un referéndum para decidir sobre os recortes, pero algo hai neste mundo globalizado na que a palabra REFERENDUM, ao igual que INDEPENDENCIA, son motivo de polémica e nos son negadas (non vaian ser que lles fastidiemos o negocio…)

    Estudantes, profesores, doctores, xuices, xornalistas, policías, granxeiros, mariñeiros, traballadores públicos, pequenos empresarios, cidadáns estafados polos bancos, amas de casa, pensionistas… todos saimos xuntos, rememorando aquelas macro-manifestacións, porque estamos fartos de que nos criminalicen; non nos creemos que esta situación sexa una crise, sabemos que é a maior estafa da historia da humanidade: Recortar no público para seguir beneficiando a uns sós intereses privados.

    Tamén os xuices e avogados dixeron basta e se uniron á folga xeral de hoxe, e os policías,… o Goberno de Rajoy e os seus secuaces acaban de reformar a lei e cargarse dun plumazo a xustiza gratuita para tod@s. Entre esto, e a realidade dos cada vez mais habituais terribles desahucios (con xa 3 suicidios que deixaron en estado de shock a toda a sociedade), a paciencia se lles acabou. De pouco nos vale que saia o Rei de España decindo que a xustiza é igual para todos, cando todos os días temos probas da protección aos corruptos… entre eles membros da súa familia.

    Galiza, (ao igual que aos nosos irmáns cataláns, ou vascos, canarios, andaluces, extremeños…) ten moito que perder se non se moviliza, se non loita por manter o que lle queda da súa maltreita autonomía; porque o obxectivo de todas estas políticas ultra-conservadoras en España (e no resto de Europa) é centralizar cada vez mais, aniquilando o dereito dos pobos á súa autodeterminación, impedíndolles negociar e xestionar os seus bens coa necesidade e a realidade que representan.

    No noso caso, os nosos sectores productivos (antaño ricos) son o rural e o mar que levan sendo empobrecidos cada día mais dende a nosa entrada na UE polas políticas decididas en Madrid e Bruxelas, e non hai esperanzas de mellora… As novas xeneracións, que son o futuro dun país, están sendo obrigados a emigrar masivamente porque non hai outra saida, ao igual que fixeron os nosos avós.

    Esta (re) centralización dos poderes é especialmente grave en España cos precedentes históricos que todo o mundo coñece. A pretensión de acabar co Estado das Autonomías que deberían ser a garantía do respeto á pluralidade dos pobos, pasa a ser agora un enemigo a batir, pola mala xestión central e dalgúns gobernos autonómicos corruptos. Non pretenden reformar para evitar estes excesos, non, non é iso o que pretenden. Pretenden “españolizar”, como xa dixo o ministro do Opus Dei, Ignacio Wert, e voltar aos tempos da “Una, grande y libre” e que os pobos estamos mais indefensos que nunca….

    Pero non só en España había hoxe convocada folga xeral, os nosos veciños de Portugal, os irmáns gregos , italianos e franceses…, tamén tiñan convocatorias en pé. Ao parecer ás políticas conservadoras e capitalistas lle crecen os enanos, e todo indica que os toda a cidadanía europea estalle a mandar moitas notas de protesta a Merkel e Compañía.

    Moitos non deixamos de sorrirnos cando a conta de procesos abertos de independencia, os cómplices do espolio aos pobos de Europa intentan amedrentar á poboación coa pertencia ou non a UE… Coa coñecida retranca galega, calquer paisano meu vos diría: “A UE? E iso para qué vale?, eso non vale para nada, home! antes emigrábamos nós, e agora emigran os nosos netos.”

    Descoñezo como vai ser a UE do 2014-2015, pero de seguir este camiño, o pobos estarán decididos a romper a baralla e pelexar pola supervivencia, porque ao final, a moitos españoles e moitos europeos só lles queda o pelexar por dignidade ou morrer de fame… ou de noxo.

    Mañán, aos que asistimos á Folga, aos que exercemos un dereito (pese a que algún cabeza visible do PP quera ilegalizar ese dereito) nos penalizarán quitándonos o dia de salario. No importa, preferimos perder hoxe e gañar mañán.